venres, 25 de febreiro de 2022
A semana do 21 ao 25 de febreiro celebrouse o entroido no colexio.
As consignas foron pasando de luns a xoves con grande aceptación por parte de alumnos e profesores. Para rematar a festa, o venres foi o día no que cadaquén se sumou á celebración coas súas mellores galas.
Non faltaron á cita personaxes famosos:
os alumnos de Hogwarts
e que dicir dos SUPERPROFES!!!!
Pero se queredes ver máis, aquí vos deixo un pequeno resumo
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
mércores, 2 de febreiro de 2022
A través destes enlacer podedes facer unha viaxe para coñecer a Rosalía de Castro e pasalo ben.
|
ROSALÍA DE CASTRO
|
|
|
QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO? |
|
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
|
UNIDADE DIDÁCTICA |
|
|
ACTIVIDADES INTERACTIVAS |
|
|
|
|
|
|
|
venres, 28 de xaneiro de 2022
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Esta celebración ten por obxectivo a educación na e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos,a non violencia e a PAZ.
Neste día o colexio pasa a ser un instrumento de harmonía e comprensión entre as distintas culturas, orixes e crenzas.
mércores, 24 de novembro de 2021
DÍA
INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos
dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha
xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.
Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.
Por iso, ELBCA quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.
E para que podades disfrutar aquí tedes algúns libros adicados a este tema.
Oxalá sexan do voso agrado!!!!
mércores, 17 de novembro de 2021
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
Este día lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección.
O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e recorde a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos eles.
Tamén é un bo día para entender as distintas maneiras de colaborar cos máis vulnerables, para que sexan recoñecidos os seus dereitos e deste xeito garantir o seu crecemento.
venres, 29 de outubro de 2021
CHEGOU O SAMAÍN!!!!
HALLOWEEN IS HERE!!!!!!
Ola!!! De novo con vós!!!!
Este ano, aínda que non se pode visitar o meu recuncho da biblioteca, xa estamos a celebrar algunha actividade decorando os corredores e as aulas. O 31 é o Samaín e nenos e profesores andan coma "demos" e "bruxas" preparando todo.
Aquí vos deixo algunhas das que se estiveron a facer. Espero que non vos decepcionen.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.






