23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
canto tempo sen publicar nada, verdade?
Pois é que estiven de ywwviaxe, visitando uns amigos aló polos Estados Unidos e non tiven nin tempo para escribir...
Xa sabedes que o 23 de abril conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
A nosa biblioteca xa se está preparando para ese día porque nós tamén o imos celebrar:
Esa semana haberá sesións de contacontos. Os alumnos de 5º e 6º serán os encargados das lecturas e levarán as aulas de infantil e primaria unha chea de aventuras.
E para rematar..., o venres día 26 teremos a visita de dous amigos moi especiais. Eles serán os encargados de poñer fin a unha semana tan especial coa lectura dun novo conto na biblioteca.
Esperamos que vos gusten!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario