Consulta os nosos fondos

Benvidos

Benvidos ao blogue da biblioteca do CEIP LUIS PIMENTEl.

A web do cole

 

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

martes, 24 de novembro de 2026

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data que nos invita a reflexionar sobre a importancia de construír unha sociedade baseada no respecto, na igualdade e no bo trato.

Desde a biblioteca queremos lembrar que educar na igualdade, rexeitar calquera forma de violencia e aprender a relacionarnos desde o respecto é unha tarefa de todos e todas, que debemos traballar cada día.


Por iso, preparamos no noso Recuncho do Mes unha selección de libros relacionados con esta conmemoración, cos que vos animamos a descubrir historias que nos axuden a reflexionar sobre a igualdade, o respecto e a liberdade.

A nosa mascota Leo T. tamén quere lembrarnos que todas as persoas merecemos sentirnos libres, seguras e valoradas.

Lembra: a igualdade constrúese cada día! 

20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

venres, 20 de novembro de 2026

20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
                   

                    
Cada 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia, unha data para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, recibir unha educación, gozar dunha boa saúde, xogar e vivir nunha contorna segura, libre de violencia e discriminación.

É tamén un día para recordar a importancia de escoitar as súas voces, respectar as súas opinións e telas en conta, porque todos e todas teñen moito que dicir.

Desde a biblioteca queremos destacar o valor dos libros e da lectura como ferramentas para coñecer o mundo, comprender outras realidades e aprender a respectar as diferenzas.



Porque todos os nenos e nenas teñen dereitos e todas as voces merecen ser escoitadas.

Porque aprender a alimentarse ben tamén pode ser moi divertido !!!

mércores, 4 de novembro de 2026

Un contacontos moi divertido sobre alimentación saudable!

Hoxe na nosa biblioteca, o alumnado de 3º de Educación Primaria, participou nunha divertida actividade de contacontos centrada na importancia dunha alimentación saudable.

A través das historias e dos chistes dun personaxe moi especial, os nenos e nenas descubriron a importancia de manter uns bos hábitos alimenticios e de coidar a súa saúde dunha maneira amena, entretida e chea de humor.

Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que o alumnado gozou, riu e aprendeu ao mesmo tempo.


<

Outono e Samaín

venres, 30 de outubro de 2026


OUTONO E SAMAÍN

Coa chegada do outono, a nosa biblioteca encheuse de cores, historias e misterio. No recuncho do mes podemos atopar unha selección de libros relacionados co outono e co Samaín, cheos de aventuras, personaxes fantásticos e lecturas perfectas para esta época do ano.



Ademais, os corredores e diferentes espazos do colexio están decorados cos murais elaborados para celebrar o Samaín, que enchen o centro de creatividade, imaxinación e un chisco de misterio.
Invitámosvos a descubrir estas lecturas, gozar das decoracións e deixarvos levar pola maxia dos libros e do outono.
Ler tamén pode ser unha aventura… arrepiante! 


                                                      





Hoxe, 30 de outubro celebramos de novo o Samaín cunha terrorífica sesión de contacontos. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ofrecéronse voluntariamente para percorrer as diferentes aulas do centro e compartir co resto dos compañeiros e compañeiras historias de medo que eles mesmos crearon.



Unha xornada chea de misterio, imaxinación e moitas emocións para gozar do Samaín dun xeito moi especial!

venres, 23 de outubro de 2026



             A NOSA BIBLIOTECA, O MELLOR AGASALLO







A nosa biblioteca vaise enchendo pouco a pouco de cor, ilusión e novas historias.
Para dar a benvida ao novo curso, preparamos este mural co lema «É o mellor agasallo», porque un libro pode ser moitas cousas: unha aventura, un soño, unha viaxe, unha aprendizaxe ou simplemente un momento para gozar.
Descubrir, ler, soñar, imaxinar e aprender son algunhas das cousas marabillosas que nos ofrece a nosa biblioteca.
Agardamos que este pequeno recuncho anime a toda a comunidade educativa a achegarse aos libros e a gozar deles. 
Porque ler sempre é un agasallo.  

luns, 27 de abril de 2026

 SEMANA DO LIBRO 


O Día do Libro é unha celebración internacional que ten lugar o 23 de abril de cada ano. Esta data foi elixida para conmemorar o falecemento de dous grandes escritores da literatura mundial como foron Miguel de Cervantes e William Shakespeare que morreron o 23 de abril de 1616.

A festa ten como obxectivo promover a lectura mediante a difusión do coñecemento e amor polos libros.


Este ano, celebrámolo durante toda a semana coa visita dos alumnos á biblioteca. Alí, voluntarios de 6ºEP explicáronlles as normas e invitáronos a disfrutar dela. 

Anteriormente fixeran un marcador para empregar cada vez que se acheguen a ler algún libro.





xoves, 5 de marzo de 2026

 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA






O día internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Este ano baixo o lema "Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas" intenta transmitir a necesidade de tirar abaixo todas esas barreiras que obstaculizan a igualdade na xustiza.


venres, 20 de febreiro de 2026

 

DÍA DE 


 ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este foi elexido por seren a data do seu nacemento alá polo ano 1837.

Como o ano pasado na planta baixa do edificio principal temos os traballos realizados polos alumnos para conmemorar o día. 



Ademais, a través destes enlaces podedes facer unha viaxe para coñecer a Rosalía de Castro e pasalo ben.

 

 ROSALÍA DE CASTRO

 

 

BIOGRAFÍA

 

QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?

 

PICA AQUÍ

 

UNIDADE DIDÁCTICA

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 UNIDADE DIDÁCTICA

 

1º E 2º DE E.P.

 

  UNIDADE DIDÁCTICA

 

3º E 4º DE E.P.

 

   UNIDADE DIDÁCTICA

 

5º E 6º E.P. 

 

 ACTIVIDADES INTERACTIVAS

 PICA AQUÍ

 

 

 

luns, 2 de febreiro de 2026

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA


Coma todos os anos, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. A data elixíuse debido a que foi cando mataron a Mahatma Gandhi , principal figura da resistencia pacífica no mundo. 


Como di o mural deste ano, necesitamos bos elementos coma a paciencia,o respecto, a empatía, a escoita, os coidados, ... para alcanzar a PAZ.












venres, 19 de decembro de 2025

 

Nadal na Biblioteca




         Outro ano máis chega o NADAL á nosa biblioteca.



Este ano, de novo, os nen@s de infantil e primeiros cursos de primaria puideron deixar as súas cartas aos Reis Magos.


E dende aquí queremos desexarvos unhas divertidas lecturas.                                                    

           

BOAS FESTAS!!!


xoves, 4 de decembro de 2025


 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado cada 3 de decembro, é unha das datas máis relevantes do calendario de dereitos humanos. O seu obxectivo é promover a dignidade, os dereitos e o benestar de todas aquelas persoas que viven cunha discapacidade, así como concienciar sobre a importancia de construir unha sociedade inclusiva e accesible.




Este ano no noso colexio tivemos unha invitada moi especial 





que nos contou a súa experiencia na vida. 





xoves, 20 de novembro de 2025

 


25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero





O vindeiro 25 de novembro, como todos os anos dende 1981, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para reflexionar sobre a importancia de educar na igualdade de xéneros.

Sen embargo, a coeducación non debe quedar relegada a esta semana xa que se debe traballar ao longo do ano.

 Por iso,  a nosa mascota Leo T. quere recordárvolo e que o teñades sempre presente.



E para que podades disfrutar aquí tedes dous libros adicados a este tema.


                         



E un video moi interesante

  
        






Oxalá sexan do voso agrado!!!!

martes, 18 de novembro de 2025

 




O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia para conmemorar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno un día coma este no ano 1959.

Establécense así unha serie de dereitos para os nenos e nenas coma os relativos á vida, saúde, educación, ao dereito a xogar, á familia, á proteción frente á violencia e discriminación, ... e, sobre todo, a que sexan escoitados.

Os nenos e nenas son persoas, parte dunha familia e dunha comunidade, cos mesmos dereitos e responsabilidades acordes á súa idade.

Co lema "Escoitar ao futuro" pídeselles aos adultos que escoiten e teñan en conta as súas opinións.


venres, 7 de novembro de 2025

 

 SAMaÍN/ HALLOWEEN


O pasado 30 de outubro celebramos de novo o Samaín cunha terrorífica sesión de contacontos. Alumnos de 6º de E.P. presentaronse voluntarios para percorrer as diferentes aulas narrando historias de medo. 






Asimesmo, os corredores e cortizas do colexio estiveron cheos de arrepiantes motivos.








iframe src="https://drive.google.com/file/d/19djmkF5EagIDr160PFe9Sf_-PeaX6WDi/preview" width="640" height="480" allow="autoplay">
Este blogue ten caracter educativo sen ánimo de lucro. As imaxes, vídeos,música etc so serán usados con ese fin. Se en algún momento vulneramos a propiedade intelectual facedenolo saber e retiraremos a entrada. Grazas.